O ASADOR VACAVELLA ADQUIRE DOUS EXEMPLARES DE BOIS GALEGOS CRIADOS EN MELIDE

O Asador VacaVella, sito en Bertamiráns (Ames), vai adquiriu hoxe dous espléndidos exemplares de bois galegos de 8 anos de idade, criados por Ganados Caquelo, unha das poucas ganderías de compra-venda de bois que quedan en Galicia. “O mercado do boi está case extinguido, é moi complicado atopar gandeiros que críen bois na nosa terra”, explica o xerente de VacaVella, Germán Mariño, quen leva mercando reses dende que emprendeu co seu restaurante en xuño de 2014.

A nosa filosofía en VacaVella é ofrecer a máxima calidade e sabor nas carnes por iso adquirimos reses vivas de rubia galega que despezamos e mantemos en cámaras frigoríficas nós mesmos no noso asador”, engande Mariño. O asador amiense incorpora deste xeito a carne de boi a súa carta por primeira vez. “Agardamos poder ofrecer a carne de boi a primeiros de abril ós nosos clientes, tras mantela de 50 a 60 días na nosa cámara frigorífica”, explicou o xerente de VacaVella, quen ten en mente celebrar xornadas gastronómicas sobre as especificacións deste tipo de carne.  

Cada exemplar, de raza rubia galega,  pesa ao redor de 1.400 kg, uns 700 kg. en canal cada un deles. Os animais foron criados en Melide e castrados ós 9 meses de idade. Tras mercalos Ganados Caquelo, os animais foron cebados na aldea San Mamede de Piñeiro, no concello coruñés de Ames.  “Tivémolos en liberdade alimentados con fariña de millo natural coas correspondentes revisións veterinarias por parte de Sanidade”, explica José Rodríguez, director de Ganados Caquelo.

 

Gabinete de Comunicación,

981 530200   prensa@equipopublicidad.com

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *