“AO ESTABLO”  É a zona do noso comedor, cálida e acolledora, con solados de tarima envellecida, teitos de madeira, que alberga a nosa grande viñoteca. Un “establo” onde degustarás  saborosos manxares e te sentirás na casa desde o primeiro momento.

“AO PASTO” Son as dúas terrazas exteriores nas que gozar tanto cando o bo tempo acompaña como no inverno, ao carón de confortables estufas eléctricas. A terraza principal está dotada de césped artificial no chán e por unha balaustrada de madeira simulando un pechado de granxa. Un lugar onde pastar e campar a pracer!

“SALA DESPIECE” O alma do local! A nosa cociña con máis de 40 m2. No seu interior alberga a gran parrilla, o motor de VacaVella, e as nosas cámaras frigoríficas para brindar a mellor calidad de produto aos nos@s clientes.

“O GRANERO” É a zona do noso almacén, xusto detrás da gran barra, comunicado interiormente coa cociña.

“DE CAMPO”  Na liña da nosa filosofía máis canalla… trátase da zona dos aseos do local. A señaléctica en cada porta do baño acabará de sacarche un sorriso seguro 😉

En definitiva, o noso local é un simboloxismo da nosa marca e filosofía, VacaVella, e o mundo que este alberga: un conxunto de Sabores e Sentidos! O criterio e bo facer dun equipo de profesionais que selecciona as mellores reses de vaca rubia galega, vacas vellas, de máis de 5 anos de idaded, criadas en liberdade na nosa Comunidade Autónoma.

Desexamos que disfrutes do clima do noso local e dos seus detalles. Dende a iluminación (cubo de recollida do leite e lámparas que se emplegan para “incubar os polos”) ata a súa distribución foron coidados ao máximo para o teu disfrute. Descobre tambén o noso galiñeiro e os seus animais, leiteiras de cores, pías para beber os bovinos…e non perdas de vista o noso mural de 2,60 m x 1,50 de alto, co despece das partes dunha vaca. E o máis importante, non deixes de gozar do especial sabor de cada parte de tan rico animal: a Vaca Vella!